Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-626
Clasificación Genérica Obxectos de Arte
Objeto/Documento Prancha
Autor/a Piedra Crespo, Luis Antonio (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 07/07/1769) [Poucos datos se coñecen da súa vida, sendo algúns erróneos por ser considerado tradicionalmente como fillo de Ángel Piedra e confundida a súa producción coa do gravador Luis Fernández Piedra (que exercía a súa producción en Madrid e Lisboa). Nace o 7 de x]
Materia/Soporte Cobre
Dimensiones Longo = 11,50 cm; Altura = 13 cm
Descripción Unha prancha de cobre para gravar a buril. Presenta un escudo partido en dous no que se pode ver (de esquerda a dereita): en campo de sinople, unha banda con dragóns; en campo de prata, unha árbore con dúas serpentes e dous cans ou lobos rampantes a cada lado. O escudo está coroado por un helmo de reixa propio da época na que se realiza a peza (finais do século XVIII e comezos do XIX) e sobre o cal é colocado un penacho de plumas. A modo de ornamento, a cada lado do escudo hai cadansúa banda das que colgan as súas respectivas grilandas de flores. A forma do escudo, ao igual que o helmo, é propia da época de realización. Con respecto ao campo da esquerda do escudo, pode pertencer a un destes dous apelidos galegos: Navia, apelido asturiano que pasou a Galicia, de sinople, cunha banda de goles perfilada en ouro con dragóns dentados de prata; ou Sáenz, de sinople, cunha banda de ouro e tamén con dragóns.
Iconografia Escudo
Firmas/Marcas/Etiquetas Luis Piedra f. [Asinado polo autor: «Luis Piedra f.».]
Datación 1776=1825
Contexto Cultural/Estilo Neoclasicismo
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p)) [Lugar de Producción dudoso]
Uso/función Ilustración dunha folla de graos.
Clasificación Razonada Polas dimensións da prancha é probable que fose deseñada para ilustrar unha folla de graos. Luis Piedra aparece como autor dos escudos de María Jacoba de Páramo Santiso y Sangro (ca. 1804) e do arcebispo de Santiago, Veremundo Arias Teixeiro (1818), en ambos os dous casos para follas de graos, o que apoia a teoría citada acerca do posible uso da peza.
Sobre a cuestión dos apelidos, consultar: Fariña Couto, L. (2001), O libro da Heráldica Galega, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Bibliografía ARCO Y GARCÍA, Fernando del. Introducción a la heráldica. Madrid: Prensa y Ediciones Iberoamericanas, 1996.

BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. El grabado compostelano del siglo XVIII. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1996.

FARIÑA COUTO, Luciano. O libro da heráldica galega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2001.

MEYER, Franz Sales. Manual de ornamentación: ordenado sistemáticamente para uso de dibujantes, arquitectos, escuelas de artes y oficios y para los amantes del arte. Barcelona (m): Editorial Gustavo Gili, 1994.

O gravado en Galicia: o gravado compostelán. Buján Núñez, José Daniel(comp). Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Cultura, 1995.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 26/09/2003
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6